📢AVISO IMPORTANTE COMUNICADO ÁS PERSOAS USUARIAS DA TRAÍDA DE AUGAS ESCOBEIRO E SAN PEDRO Pola presente, infórmase a todos os usuarios e usuarias de que membros da Directiva procederon recentemente a revisar o estado dos contadores, detectando numerosas deficiencias e nalgúns casos un alarmante estado de abandono. En primeiro lugar chamamos a atención para o feito de que os usuarios deben manter os contadores en correcto estado de funcionamento e a tapa visible para efectuar as lecturas correspondentes. En segundo lugar comunicamos que ante a situación detectada, procedeuse a elaborar unha relación detallada dos contadores con anomalías/deficiencias. En virtude do anterior, esta Xunta de Goberno notificará de xeito individual a cada titular a natureza das avarías advertidas, así como as medidas correctoras que resulten preceptivas para a súa emenda. Cómpre lembrar que, consonte o disposto no artigo 35, punto 3, apartado f) dos vixentes Estatutos/Regulamento, cualifícase com...